Ninguén se libra da obriga de cortar eucaliptos ilegais en Ribadeo 

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

O Concello dá 15 días para facelo en 131 terreos

06 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

En Ribadeo ningún dos propietarios das máis de 600 parcelas que incumprían a lei de montes se vai librar da obriga de cortar os eucaliptos e piñeiros próximos ás casas ou a solo urbano. Moitos xa o fixeron, outros están niso, pero o Concello non logrou contactar cos donos de 113 parcelas. Ao non facelo, onte publicouse no BOE e no DOG a lista delas, comezando a contar así o prazo de 15 días do que dispoñen os titulares das parcelas para efectuar as cortas. De non atender este último requirimento será o Concello quen o faga, pasándolles despois a factura correspondente. Fernando Suárez tamén fixo onte unha chamada para que se manteñan limpas as franxas de protección a carón das casas ou dos núcleos de poboación. En caso contrario o Concello actuará de xeito subsidiario.

«Non queremos chegar a iso, pero farase se non queda outra», insistiu Fernando Suárez.