As Catedrais e o galeón


Apraia das Catedrais cos seus cantís e o galeón mellor conservado do mundo, un xacemento único: ningún outro lugar pode ofrecer isto. É algo excepcional para Ribadeo. Hai que poñelos en valor conxuntamente e o potencial turístico e cultural que se gaña non ten comparanza. Un imán con moitísima forza para Ribadeo e para A Mariña. A isto añadirase moi pronto o novo museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo, este mesmo verán; estamos a falar dun escritor que é xa un clásico, un referente das letras galegas e universais, e non estou a esaxerar. Aquí na Mariña. Con todo o demáis que xa temos e sabemos. Os traballor arredor do galeón deberan ter continuidade, merecen a maior atención por parte das autoridades; é un tesouro afundido desde van séculos nas nosas augas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

As Catedrais e o galeón