Marmurio de séculos

SUSO FERNÁNDEZ CRONISTA OFICIAL DE FOZ

A MARIÑA

19 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

o longo da Historia, tódalas culturas exaltaron a árbore como fonte e leccións de vida, e as máis antergas sociedades, mesmo chegaron a divinizalo. A árbore reunía tódolos elementos da Natureza: a auga que fluía do seu interior; a terra que se incorporaba ao corpo, a través das raíces; o aire que daba vida ás follas e o lume que nacía da frición das madeiras. A importancia das árbores na sociedade de hoxe, industrializada, e polo tanto ameazada polo progresivo deterioro do medioambiente, provocado por a polución e a contaminación, que non rematan; a masa arbórea adquire unha maior importancia; e así, canto neste senso se faga por concienciar á cidadanía, especialmente á xente moza, será un labor digno de louvanza e aínda, para as institucións, unha obriga.

Cando o home fixo a aparición sobre o planeta Terra coñeceu a árbore: non é posible concebir a vida humana sen a súa presencia. O home decatouse de que, ademais da caza, tamén podía obter alimentos da terra; pero que era necesario traballala, para o que precisou utensilios rudimentarios que lle permitiran labrar e plantar o que despois daría os seus froitos. É fácil supor que a árbore ofreceulle as súas ramas e troncos xoves que usou a modo de ferramentas. Unha das máis fermosas e delicadas loas á árbore que coñecemos, é da eximia cantante lírica Teresa de Berganza: «El canto es un árbol frondoso, plantado en las orillas del río de la vida. El árbol sabe del susurro de la corriente; del frescor de sus fuentes; de su risa en la montaña y su sonrisa en la cascada. El canto es árbol sagrado…». Non son éstes, pensamentos baladís, en tempos depredadores dos irreemplazables valores de Natura.

O Día Mundial da Árbore, instituído en Suecia en 1840, celébrase no noso país o 21 de marzo de cada ano. A Organización Mundial da Saúde recomenda a plantación dunha árbore por cada tres habitantes, en vilas e cidades.

Non o esquezamos. As árbores: “marmurios de séculos”…

*Suso Fernández, cronista oficial de Foz.