O BNG de Viveiro demanda mellor atención á xente en risco de exclusión e na pobreza severa

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

MONICA IRAGO

10 feb 2018 . Actualizado a las 18:22 h.

O BNG de Viveiro demanda melloras na atención á veciñanza dos servizos municipais. Nun escrito dirixido ao Goberno local, os nacionalistas afirman que se está «a aprazar a atención de solicitudes de axuda de usuarios en situación de emerxencia social simplemente pola mala fortuna de que as súas peticións coincidiran cunha ausencia ou baixa laboral do traballador que lles corresponde pola zona onde están empadroados». O Bloque, que non ten representación na corporación, destaca que os servizos sociais municipais son «o sistema de protección social máis próximo da veciñanza e do seu ambiente familiar e social, e en especial de quen está, ou corre o risco de estar, en situación de carencia ou marxinación». Por mor diso, o BNG pídelle á alcaldesa medios para evitar que se repitan «estas situacións de desamparo e desatención».

Rexistro e Catastro

Tamén pide que se fixen turnos de atención ao público na oficina de rexistro, e que a oficina municipal do Catastro preste servizo á veciñanza os cinco días laborables da semana en lugar dos tres actuais.