O BNG denuncia a situación do saneamiento na ría de Viveiro

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Convoca unha protesta para esixirlle á Xunta as obras de mellora

07 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG de Viveiro denuncia a situación do saneamento na Ría. Por tal motivo convoca para este domingo en Celeiro, na Praza do Náufrago, unha concentración de protesta: será ás 13 horas. Para reclamarlle á Xunta as obras de mellora da estación depuradora de Viveiro e da rede de saneamento de Celeiro. A esta convocatoria asistirá a parlamentaria por Lugo Olalla Rodil, e o deputado Antonio Veiga. Convidan á veciñanza a asistir. Por outra banda tamén piden ao Concello que celebre o Día de Rosalía o 24.