Hasta el momento se han inscrito diez establecimientos
12 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Mondoñedo acollerá do 24 ao 26 de novembro a undécima edición do Concurso de Tapas. No certame, que foi presentado onte, participarán finalmente dez establecementos hostaleiros: Cafetería O Rei das Tartas, Bodegón A Catedral, Centro Social, O Porriño, A Bodeguiña, Bar Castro, Restaurante Montero, A Horta da Paula, O Rincón de Mondoñedo e O Pasatempo. As tapas do concurso poderán degustarse por 2 euros o venres de noite (de 20 a 23 horas), e o sábado e o domingo (de 12 a 15, e entre as 20 e as 23 horas). Haberá premios para a Mellor tapa tradicional, a Mellor tapa creativa e a Tapa preferida do público. Organiza a cita o Concello de Mondoñedo, co impulso do concelleiro Manolo Tapia.