Frigomar recibiu 218.000 euros da Xunta para mellorar a tecnoloxía no procesado de peixe

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A empresa lucense Frigomar, que é froito da unión de catro empresas maioristas que levan máis de 40 anos operando desde o porto de Burela

22 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, X. M. Balseiro, visitou onte a empresa Frigomar Burela, que recibiu unha axuda de 218.553,5 euros con cargo á convocatoria de 2016, para impulsar o proxecto de melloras tecnolóxicas no final da liña de industria do procesado do pescado. Balseiro estivo acompañado nesta visita ás instalacións de Frigomar polo alcalde, Alfonso Villares.

A empresa lucense Frigomar, que é froito da unión de catro empresas maioristas que levan máis de 40 anos operando desde o porto de Burela, desenvolve a súa actividade na elaboración e comercialización de peixe conxelado.

En 2005 inaugurou as novas instalacións de procesado emprazadas no polígono de Cuiña (en Cervo) con máis de 1.200 metros cadrados de salas de elaboración e 9.800 metros cúbicos de capacidade frigorífica.