«O listón da Semana do Teatro é alto»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

A cita veterana en Ferreira abriu cun grupo novo que ateigou a Casa da Cultura

01 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Que suba o telón en Ferreira! A vila amosa a súa paixón escénica nunha cita veterana onde as haxa, iniciada moito antes de que o teatro afeccionado explosionara na Mariña con grupos aquí e alá. Neste caso, centro e arredores viron nacer tres formacións teatrais nos últimos tempos.

-Parece que a apertura da Semana de Teatro foi un rotundo éxito. Como sempre sucede...

-Só che digo que na escenificación houbo xente que se tivo que ir porque non collían máis persoas na Casa da Cultura...

-Houbo overbooking logo.

-Si, ata a bandeira. Non sei se era porque os membros de Escouridal son xente de aquí, nova e coñecida. Non podemos pedir máis. Había 250 persoas sentadas e máis de pé nos pasillos, incluso fóra. Non cobramos nada, as funcións son sempre gratuitas.

-Se cobrasen entrada, aínda que fose un prezo simbólico, cre que o éxito de público sería igual?

-Penso que si, tería éxito igual. En xuño, xa hai xente que empeza a preguntar que grupos van vir.

-Son «teatreiros» no Valadouro.

-Son un pouco «teatreiros». A proba é a de Manuel Lourenzo, Premio Nacional de Literatura Dramática. Houbo grupos funcionando nas orixes de Amado Lar e a principios de século.

-Con 32 anos xa de experiencia, o listón debe estar alto.

-A Semana do Teatro organízaa o Concello. O listón é alto. Inténtase variar en grupos todos os anos pero hai algún que ten que vir por norma senón «bótannos» do concello. Son «as tres Marías» que teñen que pasar polo Valadouro. Non soe haber rexeitamentos de grupos a participar, só ao mellor en casos que teñan que actuar un martes ás dez da noite. Falamos de teatro afeccionado e dalgunha xente que vén de fóra; este ano por exemplo temos un grupo de Sarria e se ten que vir un martes ou un xoves actuar teno máis complicado.

-Esta é ademáis unha cita que se mantén no calendario como antesala das Festas do Oito.

-Si, é antes das festas sempre.

-No municipio, cantos grupos de teatro amateur hai agora?

-Funcionando, funcionando, Escouridal e Trípode. Raiolas está de descanso pero cun xerme que ao mellor volve a rexurdir. O grupo Improvisados [actuou onte] é o resultado dun obradoiro que fixo o Concello nos meses de verán, con Ton Arenas.

-Vese que hai canteira e que temos teatro para longo...

-Segue habendo canteira e segue gustando o teatro.

-Case me atrevería a dicir que os nenos nacen no Valadouro xa sen medo escénico, verdade?

-(Ri) Si, si...