Ser conciliador non está de moda neste país. Sabémolo ben os que tendemos a ser pacificadores, que aplaudimos coas dúas mans pequenos detalles que nos devolven a fe no ser humano. En Burela non todo vai ser polémica. O mellor exemplo é un cartel cun decálogo que nos invita a pais e nais a dar exemplo diante dos nosos fillos. «Non me berres en público». É a primeira indicación que recolle un cartel colocado polo Concello nas instalacións deportivas da Marosa, ao pé do campo no que nenos e nenas xogan a cotío. Porque, en definitiva, cada partido de fútbol é un xogo. «Isto é iso, só un xogo», lembra outro dos consellos que recolle o cartel, no que tamén se invita a pais e nais a deixar en paz ao árbitro, a non berrarlle ao entrenador, a non perder a calma... Cuestións tan básicas que ata dan certa vergoña que llas recorden a un. Todas son importantes, sobre todo aquela de non dar leccións. Se tivera que quedarme con algunha, sen dúbida sería coa sexta: «Desfruta véndome xogar». Porque os deportes son iso, un xogo. E na vida, coma na deporte, os minutos contan, sin posibilidade de deter o tempo.