18 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.
Seguiremos a apostar por este tipo de iniciativas como un atractivo turístico máis en Burela. Vemos que teñen demanda as xeorutas e iso é importante. Polo barcomuseo Reina del Carmen tamén pasou moita xente estes días. Está a ter un tirón moi importante, a xente sae moi contenta e sorprendida da visita. O barco museo será un dos puntos que tentaremos dar a coñecer aínda máis para que a xente que vén á Mariña se achegue a Burela a visitar o Reina del Carmen e o resto de puntos turísticos que poderán atopar no noso concello.
Ramiro Fernández Rey é edil de Turismo de Burela.