Frases de amor

S. Ordóñez

A MARIÑA

10 feb 2017 . Actualizado a las 14:27 h.

Tecleo en Google «frases de amor» e, en 0,89 segundos, aparecen 12.400.000 resultados. Chámame a atención o da web de diariofemenino.com, onde, en castelán, recollen «as 10 frases de amor máis bonitas xamais escritas». Segundo esa páxina de internet, «atemorizados de parecer uns romanticóns, moitas veces non nos atrevemos a decir frases bonitas».

O «top 10» de diariofemenino.com apunta istas: «¿Un bico? Un truco encantado para deixar de falar cando as palabras se tornan superfluas» (Ingrid Bergman). «A peor forma de estrañar a alguén é estar sentado ao seu lado e saber que nunca o poderás ter» (Gabriel García Márquez). «Ven a dormir conmigo: non faremos o amor, él fáranos» (Julio Cortázar). «No amor sempre hai algo de loucura, pero tamén hai sempre na locura algo de amor» (Friedrich Nietzsche). «Ámame sen preguntas, que eu amareite sen respostas» (Anónimo). «Aprendemos a amar non cando encontramos á persoa perfecta, senón cando cando chegamos a ver de maneira perfecta a unha persoa imperfecta» (Sam Keen). «Nun bico, saberás todo o que teño calado» (Pablo Neruda). «A alma que falar pode cos ollos, tamén pode bicar coa mirada» (Gustavo Adolfo Bécquer). «O amor non ten cura, pero é a única cura para todos os males» (Leonard Cohen). «Pensando na miña felicidade, lembreime de ti» (Anónimo).

Lembrei o amor porque, como poden ver na páxina anterior a ista, o Día dos Namorados, coma tantas celebracións, vén petado de propostas para consumir. Ben está dedicar diñeiro ao que cada quen queira, pero as palabras como as das frases citadas son gratis e, ao fin, o que contan son as accións. O amor non se mide nin se compra con cartos.