Gasalla, Fillo Predilecto do Valadouro

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Rodeado de familia e amigos, o vello practicante recibiu o título de man do alcalde

04 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Puntual e rodeado dos seus, chegaba onte á casa do Concello Ramón Gasalla. Nervioso e co mesmo sorriso co que visitaba ás casas do Valadouro para atender durante máis de 40 anos (dende 1943 a 1985) aos veciños que o precisaban. Nun acto sinxelo, espontáneo, ao que non faltaron os amigos e conveciños e toda a corporación municipal, o alcalde, Edmundo Maseda, facíalle entrega do título de Fillo Predilecto. A espontaneidade puido co protocolo e case sen mediar discursos, o alcalde explicaba que o 11 de agosto de 2016, nunha decisión acorde co sentimento xeral da veciñanza se lle concedeu esta distinción en recoñecemento dos seus méritos. Gasalla, centenario dende o primeiro de xuño, respostoulle: «Estou moi contento e agradecido, non contaba con tanto homenaxe, non merecía tanto». Abrazos, bromas, foto familiar, mención especial de agradecemento a Pichín (así é coñecido o edil do BNG Eduardo Chao, de quen partiu a iniciativa do nomeamento), firma no libro de honra, e saída para o colexio público, en cuxo vestíbulo descubriu a placa, que se lle dedicou e na que reza «D. Ramón Gasalla Ónega, veciño do Valadouro, con todo o agarimo do seu pobo, polas xestións feitas para que este centro saíra adiante». Emocionado, dicía «intentei sempre que todos puideran chegar a algo».