«Conducir non me gusta moito»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Cre que o desenrolo de cara ao futuro dos coches sen condutor é «unha incógnita»

30 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha década aproximadamente leva na presidencia da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga), Álvaro Doural. O colectivo leva a cabo ao longo do ano diversas actividades como saídas ao estranxeiro e non hai moito presentou ata unha guía en inglés da Mariña que servirá para dar a coñecer a comarca nas súas presenzas a nivel internacional. Agora volve a ser actualidade porque celebra en Ribadeo o V Fórum de Innovación y Formación sobre Vehículos, que mañá comeza.

-¿Hai algunha novidade no foro?

-En xeral todos son temas novos pero repítense empresas. Un dos temas máis importantes é a presentación do proxecto Defensor, realizado por dúas empresas galegas e unha delas de Ribadeo, Aeronáuticas de Galicia. É un barco que non leva tripulación ningunha e que dende terra unha unidade o vai controlando. Pódese utilizar para defensa, vixiancia marítima...

-¿Que interese está espertando en particular o proxecto?

-É moi interesante. Pero parece que son os gobernos estranxeiros os que están apostando máis por mercalo. De feito, de Hispanoamérica xa hai varios países interesados, facendo contactos.

-¿Cal é obxectivo do foro?

-A idea é o coñecemento das novas tecnoloxías que están saíndo. Está sobre todo orientando a profesionais e profesores.

-Leva 10 anos de presidente en Apaga. Ribadeo, dentro do ensino de automoción, ¿que peso cre que ten?

-Na nosa asociación tamén hai xente doutras comunidades autónomas, por exemplo tamén Castela León, Madrid, Murcia, Navarra... O maior peso é no desenrolo de proxectos internacionais. Ribadeo está na esquina de Galicia, pero creo que o que hai que pensar é que os pobos pequenos tamén teñen dereito a ter outras cousas e interesantes.

-¿Que demanda formativa hai hoxe do ciclo de automoción?

-Para a xente nova é unha das ensinanzas máis atractivas, gustan os coches pero despois ao ter que poñerse a traballar a cousa cambia porque é unha profesión na que se dedican moitas horas de estudo. Neste momento é das familias profesionais de máis alumnado en Galicia.

-No seu caso, ¿foi vocación?

-Aterricei aquí porque no seu momento fun o ‘fracasado’ do sistema educativo. ‘Hai isto de automoción de FP en Viveiro’ me dixeran e a partir de aí...

-¿Melloramos na concepción da Formación Profesional?

-Aínda lle chega ben e a visión da FP segue a ser algo negativa aínda. Tampouco axuda a Administración pese a que se chegou a dicir que a Formación Profesional é a solución que o país necesita. Dicía meu avó que todo o mundo nace cunhas cualidades, pero a verdade é non é fácil facer o que che gusta. Hai xente que quere ser fontaneiro ou cociñeiro pero na casa hai uns follóns... Do que carece o sistema educativo, esa é a cuestión, é claro, de ambientación aos rapaces, unha dedicación de tempo a ensinar á xente o que é cada profesión, o que é ser médico, avogado, xornalista... Ao principio, todo parece moi bonito.

-¿É eminentemente masculino o alumnado de Automoción?

-Algunha moza hai. Nese sentido, aquí a experiencia é moi boa.

-¿Conduce a miúdo?

-Vou conducindo pero conducir non me gusta moito.

-¿Cantos coches tivo xa?

-Sete e o primeiro que tiven foi un Renault 7.

-Por último e sobre todo facendo fincapé na celebración do foro ribadense, ¿como cre que serán os coches do futuro?

-Penso que se van incrementar as medidas de seguridade, por aí van os tiros, non só de cara aos condutores senón tamén de cara aos peóns. Hai un adianto importante. A incógnita é a dos coches sen condutor, saber se se vai acabar desenrolando.

Ribadeo celebrará el quinto Fórum sobre vehículos

El quinto Fórum de Innovación y Formación sobre Vehículos que organiza Apaga se celebrará desde mañana, miércoles, hasta el viernes día 2 en el hotel O Cabazo de Ribadeo, dirigido fundamentalmente a profesores de la familia de Transportes y Manteniento de Vehículos, profesionales del sector del automóvil, alumnos de Formación Profesional y universitarios y aficionados al mundo del motor.

Mañana se hablará de sistemas de asistencia a la conducción (9.30) y otra conferencia repasará los últimos 25 años de Scania Hispania S.A. (11.00). En más citas matinales aludirán a nuevos métodos de medida de inyectores diésel (12.30) y se presentará el proyecto Defensor (13.30). El jueves, día 1, los temas a debatir serán: Varta, tecnología imprescindible (8.30), innovación en la pintura (10.00), la tecnología del automóvil a través de su historia (12.00) y Mercedes Benz (13.00). El viernes, día 2, se hablará de motores de última generación (8.30), habrá otra charla a cargo de Mercedes Benz (10.00) y a partir de las 12.00, sobre la internacionalización de la educación, proyectos vinculados al ámbito educativo y el documento Europass. A las 13.00, otra conferencia la ofrecerá el grupo PSA.

En las tardes del miércoles y del jueves los talleres servirán de complemento. Se ofrecerán de soldadura, climatización, aerografía, reparación de plásticos, aplicación de adhesivos, descarbonizadoras o gestión de baterías. Tras los que se celebren este jueves, a las 19.30 horas, también se presentarán los resultados de varios proyectos.

En la jornada del primero de septiembre, la Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (Apaga) aprovechará para celebrar su asamblea general, a partir de las 21.00 horas. Cuando acabe, los participantes del V Fórum acudirán a una cena.