En Marea explicou en Alcoa a súa proposta de modificar a poxa da tarifa eléctrica

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán Vello mantiveron unha xuntanza con representantes de Alcoa San Cibrao

05 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os deputados de En Marea, Yolanda Díaz e Miguel Anxo Fernán Vello, mantiveron unha xuntanza onte á tarde con representantes de Alcoa San Cibrao na que deron conta da proposición non de Lei aprobada na Comisión de Industria do Congreso dos Deputados na que se pedía unha modificación do sistema de poxas de enerxía eléctrica e investimentos que garantisen o futuro das plantas de San Cibrao, A Coruña e Avilés.

Yolanda Díaz, encargada de defender a iniciativa, reivindicou o necesario cambio no sistema de poxas «por ser inoperante para o que precisan estas industrias, pois o 43% do seu custe total son de electricidade e o que necesitan é un sistema predecible que poidan ter a bastantes anos vista e cuns prezos razoables. É ademais un sistema opaco, especulativo e que está pagando Juan Pueblo». Fernán Vello sinalou que se manterán en contacto continuamente.