O mal tempo marcou a homenaxe a Cunqueiro en Mondoñedo aos 35 anos do seu pasamento

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Ofrenda floral ante a tumba de Álvaro Cunqueiro. onte, no cemiterio vello de Mondoñedo.
Ofrenda floral ante a tumba de Álvaro Cunqueiro. onte, no cemiterio vello de Mondoñedo. pepa losada< / span>

Unha ofrenda e un documental para afondar na vida e obra do escritor

28 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa van 35 anos dende que o autor do Merlín, Don Álvaro Cunqueiro, finara. A súa cidade natal, Mondoñedo, rendeulle onte a homenaxe que inverno, tras inverno, lle brindan ó seu escritor máis xenial.

Inverno era, cos montes altos cubertos de branco, cando a comitiva oficial visitou a tumba, no cemiterio vello. Flores para Don Álvaro, e recoñecemento do que significou este autor prolífico e diverso para a literatura. Palabras de recordo e loa das autoridades, a alcaldesa mindoniense, Elena Candia, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga.

Tras a ofrenda, á que asistiron tamén incondicionais de Ferrol, cidade irmá de Mondoñedo, e veciños e outros concelleiros de Mondoñedo, os actos continuaron no Auditorio Pascual Veiga, onde proxectaron o documental Imprescindibles: El incierto Señor Cunqueiro, un traballo dirixido por Antón Reixa que afonda na figura e na obra deste escritor, intentado descubrir as razóns polas cales é aínda hoxe un escritor apenas coñecido fóra de Galicia.

Nel se amosan imaxes nas que o propio Cunqueiro fala da súa faceta literaria, dos amigos, afeccións. Tamén recolle aportacións de César Cunqueiro,, Juan Ramón Díaz, Quico Cadaval, Fernández del Riego, César Antonio Molina, Nélida Piñón, entre outros.

Os problemas dunha folga ferroviaria impideu que asistira á cita Pere Gimferrer, poeta, crítico literario e membro da RAE, pero. Segundo explicou á alcaldesa local, intentarán traelo a Mondoñedo en datas vindeiras, para escoitar a conferencia que tiña previsto ofrecer e na que tamén participaba tamén o cronista oficial, Antonio Reigosa.