Dúas mulleres con moito mérito

La Voz

A MARIÑA

13 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

As respostas de Elena Candia e Raquel Arias reflexan non só os diferentes matices políticos que singularizan as súas propostas para o PP de Lugo, senón tamén as súas diferentes personalidades. Vese con claridade na resposta á pregunta sobre cando considera cada unha que debe celebrarse o congreso local do partido na capital, ¿antes ou despois do galego?

-Elena Candia: Despois do provincial

-Raquel Arias: Esa é unha cuestión que se debe debater no seo do partido. Insisto en que as decisións que afectan ao conxunto ou a unha parte do partido non pode tomalas unha soa persoa, senón que deben adoptarse por consenso e tendo en consideración a opinión da militancia.

-¿Desde que anunciou a súa candidatura, tivo a sensación de que nalgún ámbito da xerarquía do PPdeG se apoiase á outra candidata? ¿Considera que o modo en que Barreiro anunciou a súa renuncia pode favorecer a algunha das dúas?

-Arias: A militancia non entendería ningún tipo de interferencia e eu son unha militante máis.

-Candia: Non. O PP é un partido con moitos valores. Non se apoia ou se desbota. O noso é un partido integrador. Xosé Manuel Barreiro afronta unha etapa de duro traballo que o leva a centrarse inescusablemente no Senado. Ese anuncio nada ten que ver coas candidaturas no Partido Popular provincial.

-Dúas mulleres competindo pola presidencia. ¿No PP está superada a necesidade da paridade?

-Candia: É un signo evidente.

-Arias: No meu partido as persoas valóranse polo seu mérito e capacidade. Dito isto, non me cansarei de promover a participación das mulleres en todos os ámbitos da sociedade.