Hai xa 7 artesáns interesados en instalarse no Conxunto Histórico Artístico, nas antigas caballerizas
30 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.A iniciativa conta xa con sete artesáns interesados en participar. Anunciouno onte o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, despois da xuntanza cos artesáns, na que tamén participaron os concelleiros Dolores García Caramés e Plácido Pérez Otero. Cervo quere crear o Centro de Artesanía no Conxunto Histórico de Sargadelos, nas antigas caballerizas.
Alfonso Villares explicou que a esta reunión ?foron citados aqueles artesáns que mostraran interese en situar aí a súa zona de traballo ou de exposición. A esta segunda xuntanza viñeron 7 artesáns, que mostran interese, dun ou doutro xeito, por instalarse en Sargadelos. E iso é o que a nós nos importa, porque queremos crear un centro de artesanía neste conxunto histórico artístico de Sargadelos, un sitio que recibe a moitos visitantes ao longo do ano, evidentemente moitos máis nas épocas de ocio estivais e en datas festivas, pero durante todo o ano son moitas as persoas que acoden a este conxunto histórico artístico?., explicaba. O concello de Cervo acabará agora os locais nas antigas caballerizas dotándoos de luz e auga para o Centro de Artesanía.
iniciativa en marcha en cervo