En Primeira División

SUSO MARTÍNEZ, GUÍA PROFESIONAL E INTÉRPRETE

A MARIÑA

AMariña ten dous pesos fortes. En primeiro lugar patrimonial, porque decir A Mariña históricamente é falar da provincia de Mondoñedo, polo tanto cidade monumental con catedral, por onde pasa o Camiño Norte recoñecido como patrimonio universal, e cerca do Mondoñedo orixinal, que se chama San Martiño de Mondoñedo, en Foz, o cal debería ser outro patrimonio da humanidade. E hai que engadirlle as escoltas históricas, porque na Mariña está Viveiro cun casco histórico potentísimo e asociado a unha Semana Santa que é tamén un produto turístico de primeiro orde; e despois está Ribadeo, que tamén é un casco histórico potente. Así que patrimonialmente, A Mariña está en primeira división. Eu que me dedico fundamentalmente á interpretación do patrimonio teño que decir que o da Mariña é moi, moi descoñecido, todo o mundo ten que poñerse as pilas para cambiar esta situación.

En segundo lugar na Mariña está o tema paisaxístico. Toda a costa, desde a Estaca de Bares ata Ribadeo é un espectáculo, e ademáis gran parte desa costa está mellor protexida que por exemplo as Rías Baixas. E non so falo da praia das Catedrais, que está xogando na «champion leage» do turismo, senón de toda a costa, coas rías, desde a Estaca de Bares, que ainda que está na provincia da Coruña ven sendo o límite xeográfico da Mariña, ata Ribadeo.