Foz pide paso

A MARIÑA

20 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Ocomercio, a hostalería e as empresas asentadas na zona comercial de Foz piden paso. Levan anos demandando o apoio das Administracións porque queren traballar e prestar servizos en rúas do século XXI, as que lle dan preferencia aos peóns, aos espazos abertos... Aire fresco, deseño renovado frente á polución e ao tráfico, moitas veces (máis das que quixésemos) desordeado na avenida Álvaro Cunqueiro. O comercio e a hostalería da zona centro queren ser unha zona de compras e de paseo. Anhelan coidados que fixeron máis lucida a franxa litoral e son conscientes da boa acollida das zonas peonís en concellos como Ribadeo ou Viveiro. Foz agardou moito tempo e agora pide paso. Nas mans das Administracións está atender ou non unha vella reivindicación.