A proposta do Concello para As Catedrais pasa por facer un aparcamento público de pago, dende onde se iría andando ata a praia. Os cartos do tique descontaríanse no comercio e na hostalería de Ribadeo. Eso será o que se contemplará no plan director de As Catedrais que vai facer o Concello.
-Que pensa desta proposta?
-Si a proposta é esperar ata que o plan director do Concello estea aprobado, naide a pode aceptar. Aínda non se adxudicou, despois habería que facelo e tramitar todos os permisos, o que levaría uns dous anos, e despois facer as obras. O monumento natural de As Catedrais non se pode permitir ese retraso, porque dende un principio todos estivemos de acordo en que había que actuar para protexer As Catedrais.
-Pensa que a imaxe de As Catedrais se está resentindo?
-Dende logo, dicindo que o plan vai ser un problema para Ribadeo fraco favor se lle fai á praia. -Hai marxe para dialogar?
-Por suposto. O plan establece un plan de medidas concretas, pero sobre o que máis preocupa, sobre como se vai regular a afluencia de xente, é algo que segue aberto, ata o un 1 de xullo e despois, para corrixir o que haxa que corrixir. Dende logo, pola Xunta non vai quedar. Esa regulación, na web, é informativa. Haberá xente que ao reservar vexa que hai 3.500 prazas pedidas e entón dirá, pois vou outro día. Deso se trata, de informar e regular. Confío en que impere a calma e cheguemos a acordos.