Milagres dun santo varón


Teño para min que a espartana existencia e milagres dun santo varón retirado na lonxana Bulgaria vai deixar unha forte pegada nas novas xeracións de Viveiro. Rematada a cuaresma inicia outra volta as súas obras piadosas. Entre outras, dirixir desde o país dos búlgaros, a carreira que rematará o vindeiro mes na Praza Maior.

Mentras, a min só me resta confesar humildemente os meus pecados. A saber: fun espelido promotor urbanístico desde moi novo, aparellador na ?casa rosada?, comprador de Ínsuas a un meu parente para máis gloria do colega Jaume Matas, mergullador no mar das subvencións europeas como experto en rodaballos, senador tal o Bárcenas, asistente do meu predilecto Rodrigo Rato en romarias e saraos, deseñador urbano no Lodeiro, protector de pazos por Misericordia, benefactor do urbanismo, grande devoto das Santas Normas Subsidiarias de Planeamento

Con esta miña biografía, pesada lousa que me esmaga, como non vou admirar a limpa e desinteresada traxectoria dese traballador do ensino, sempre presente na vida cultural viveiresa, ao que tanto botamos de menos. Imaxinoo agora tal un San Gonzalo, facendo o seu milagre, subido nun penedo aló pola Bulgaria e afundindo unha a unha todas as naves enemigas cada vez que recita a oración.

Que deus nos colla confesados. Amén.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos

Milagres dun santo varón