Cada vez que botamos unha ollada retrospectiva á historia local topámonos con episodios que o paso do tempo os converten en feitos que hoxe nos parecen insólitos ou cando menos sorprendentes e que en boa medida reflicten os niveis sociais culturaiss e económicos de cada época. Polo ano 1935 era alcalde de Foz Cándido Eijo Maseda. Na sesión do pleno da Corporación Municipal celebrado o 7 de febreiro do devandito ano tratouse, entre outros asuntos, o referido á adquisición dunha máquina de escribir que tiña ofertada a casa Hispano Olivetti. O alcalde diu conta ós compañeiros da Corporación de que xa se recibira, enviada pola firma suministradora, a tapa e a base ou tabuleiro da máquina que faltaban e que se tiñan reclamado, completándose así a súa presentación e funcionalidade, polo que procedía aceptar en firme a proposición feita por dita Casa da venta dunha Hispano Olivetti, modelo M. Hog, da súa fabricación, que tiña un custo de 1789 pesetas (10,71 ? ), cantidade que o vendedor aceptaba recibir en tres prazos: o primeiro de 500 pesetas (3 ? ) o día 12 de febreiro de 1934, o segundo de 500 pesetas (3 ?) ó ano seguinte e o terceiro, o resto, 789 pesetas (4,72 ?) o día 12 de febreiro de 1936.Os munícipes, tras sopesar e debater tódalas consideracións do caso, por unanimidade, acordan a adquisición definitiva da máquina de referencia, nas condicións expresadas, e aproba o pago do primeiro prazo, xa verificado.As cifras que se barallan na operación hoxendía poderían parecer irrisorias; pero para valoralas na xusta medida hai que decir, por exemplo, que o presuposto do concello para aquel ano 1935 era de 83.000 pesetas (497 ?), ou sexa, a décima parte do presuporto total do ano, e igual ó importe que por Dereitos e Taxas ía ingresar o concello naquel exercicio. Para percatarse do que a inversión significaba, decir que o xornal dun obreiro, no pleno da Corporación do 6 de decembro de 1934, fixárase en 5 pesetas diarias (3 céntimos de euro); é decir que un traballador necesitaría a paga de todo o ano para mercar a «Olivetti», sen entreter unha peseta para outros mesteres... ¡Que tempos aquéles...!