Só Candia e o PP votan contra Mondoñedo

Lara Méndez
LARA MÉNDEZ VICEPRESIDENTA SEGUNDA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

A MARIÑA

03 nov 2014 . Actualizado a las 13:09 h.

Só ElenaCandia, que aspira á Alcaldía de Mondoñedo, e os seus socios do Partido Popular, son capaces de votar en contra dun albergue público no Miradoiro e rexeitar unha infraestrutura necesaria para Mondoñedo. O actual albergue de peregrinos, con 28 prazas, estase a quedar pequeno e obsoleto. No que vai de ano xa pasaron 600 peregrinos polas súas instalacións, sen contar os que tiveron que ser desprazados ao polideportivo debido á saturación do complexo.

Con esta decisión desafortunadano pleno da Deputación e pouco consecuente, ElenaCandia antepón os intereses partidistas da Xunta de Galicia aos dos mindonienses, actuando como unha mera sucursal do goberno galego.

Así é a dereita do Partido Popular. Rexeita unha iniciativa económica e turística que sería enormemente positivanon só para Mondoñedo senón para toda a Mariña. Por esta comarca discorre o Camiño Norte, que nos primeiros oito meses deste ano rexistrou preto de 13.300 peregrinos, converténdose na terceira ruta que máis viaxeiros recibe. O que ofreciamos desde a Deputación era un importante pulo ao Camiño de Santiago ao seu paso pola nosa comarca. Como tamén reclamamos a declaración oficial do Camiño do Mar á Xunta de Galicia.

Un dos maiores reclamos que posúe Galicia e que recolle a esencia do turismo da nosa comunidade é o Camiño de Santiago. En 40 anos incrementouse nun 100% o número de viaxeiros; cifras que non lle interesan á que pretende ser alcaldesa de Mondoñedo.

É cando menos curiosoque os populares se preocupen tanto por bloquear a solución o antigo Miradoiro de Mondoñedo. Durante os 24 anos do Partido Popularna Deputación foron incapaces de darlle un uso público permanente a este inmoble. Dende a súa compra, no ano 1967, nunca cumpriu o obxectivo para o que se construíu: dotar a Mondoñedo e a provincia dun novo espazo turístico.

Dándolle un uso público permanente ao Miradoiro, o Goberno provincial saldaba outra débeda histórica dos populares cos mariñáns e con todos os lucenses.Ao igual que antes fixemos coa recuperación para uso público do Hospital de San José en Lugo, o pazo monfortino de Tor, a vella gardería do Campus Universitario de Lugo-que cedemos á asociación Raiolas para persoas con autismo-, ou a transformación do antigo Hotel Miño como sede da UNED na capital luguesa.

Con ese voto en contra, unha vez máis, o PP ao seu. Este é o compromiso que ten ElenaCandia cos seus veciños e coa súa terra. O que lle pediamos á Xunta era a mesma colaboración institucional que a Deputación lle está a prestar en actuacións que son de competencia autonómica. Coa proposta dos socialistas na Deputación, Mondoñedo recuperaba un edificio de 4.812 metros cadrados, gañaba un albergue público e un novo atractivo que lle proporcionaría máis visitantes, postos de traballo e beneficios económicos.

Pero só ElenaCandia e o Partido Popular son capaces de votar en contra dun albergue para peregrinos en Mondoñedo. Permítanme que lles lembre ao novelista inglés Aldous Huxely: ?Os feitos non deixan de existir aínda que se lles ignore?. Os veciños da Mariña xa o temos en conta.