Xulio Lago dirixe «A charca inútil», hoxe, as 20.3 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro
18 oct 2014 . Actualizado a las 05:10 h.Teatro do Atlántico volta a Viveiro. Faino cunha obra que foi Premio Lope de Vega, A charca inútil. E faino, como non pode ser de outra maneira, ao Teatro Pastor Díaz. A cita é ás 20.30.
-Din bastantes compañías que sempre é un pracer vir a Viveiro a representar no Pastor Díaz.
-A nosa con Viveiro é unha relación... case de amor. Despois correspóndese coa presenza de público, espazo grato, xente que nos acolle, teatro marabilloso...
-Bueno, cando hai unha obra de relieve ou unha compañía que ten tirón, pode quedar pequeno.
-Pois eu penso que ten unhas medidas exactas. Os auditorios para o teatro en xeneral son malos porque o teatro é un formato de proximidade. Se hai mil butacas, cincocentas persoas están noutra dimensión diferente ao que está sucedendo no escenario. Algúns arquitectos e políticos non o teñen en conta e sucede en todas partes. O perxuízo que causan eses espazos tan grandes é terrorifico...
-Por contra, vir ao Pastor Díaz é...
-Un gozo.
-E se unha obra recibiu un premio coma este, ¿chama máis, ao igual que unha compañía de éxito?
-Nin chega unha cousa nin a outra nin aínda que o reparto estea, como neste caso, formado por Gonzalo Uriarte, María Barcala e Marcos Viéitez. Si, son moi coñecidos, pero se viñera Imanol Arias o tirón sería máis potente.
-A obra, ¿ten o éxito esperado?
-O premio foi no 2006. A obra tivo e tén éxito. Nós estrenámola... xa fixo un ano. En Madrid estivo dous anos e pico, en Hispanoamérica está xirando aínda e en Europa, porque é un texto moi importante, especial, interesante. Desola, o autor, é catalan pero escribe en castelán. É un dos dramaturgos novos da fornada catalana, pero un dos grandes.
-En Galicia tócalle a Teatro do Atlántico representala.
-Porque cuadrou asi pero podía ser outra compañía. É un mundo de casualidades. Chegan a ti os textos, non sabes como. Este é un espectaculo de enorme tenrura que aborda mundos dramáticos próximos pero é unha dor envolta en tenrura e en amor e é un gozo para os amantes do teatro.
-Agora traballa máis de director que de actor. Algo parecido lle pasa ao mariñán Manuel Lourenzo.
-Estiven moitos anos de actor pero agora dame pereza. É un traballo moi responsable e non estou para sufrir, pero nunca se sabe. Tamén el case sempre exerceu máis de director que de actor, porque lle da preguiza. Eu nunca pensei cando entrei no oficio que ía a dirixir. A vida vaiche reconducindo e en Manolo tamén a súa dinamica é a de dirección.
xulio lago director da obra «a charca inútil», hoxe no pastor díaz en viveiro
Marcos Viéitez, Gonzalo Uriarte e María Barcala
Drama, para adultos
É de David Desola. Gañou o Premio Lope de Vega 2006