Obsesión con Jaime Cancio

JAIME CANCIO, CONCELLEIRO EN FOZ

A MARIÑA

O señor Castiñeira chegou a un estado de nerviosismo e obsesión con Jaime Cancio, que de luns a domingo pronuncia máis o seu nome que o de Foz, como si a súa única preocupación fora Jaime Cancio, e parece que seguirá nesta situación ata maio. Por respecto e educación eu non moverei «cenizas» das persoas que descansan en paz, por certo que era mil veces máis ?caballero? que vostede será Castiñeira. Recoméndolle ao Sr. Castiñeira que si quere encontrar a un caso claro de afiliación, militancia e compromiso co PSOE e co PP non mire a Jaime Cancio, pódeo encontrar no Partido Popular, mire a persoa que o acompañaba como man dereita na foto da súa recente presentación como candidato e o seu pasado no concello de Cervo... ou pode ir mirar a historia da Pontenova?. Transfuguismo??

Jaime Cancio toma unha decisión política consensuada cos meus compañeiros/as de Unifoz, entrega a acta a Unifoz... e está no grupo mixto por petición de Unifoz... todo isto con luz e taquígrafo para os veciños de Foz... Si quere ver un claro caso de transfuguismo só ten que repasar a historia de Foz e encontrará un caso motivado dende o PP de Foz. E támen pode mirar para o outro lado na corporación.

É curioso observar como os dirixentes do PP de Foz hai menos de tres anos, cando se presentou Unifoz, me dicían que tiña que loitar, que adiante, que... e resulta que agora tres anos despois ? as mesmas persoas, din que tiña que dimitir, que? ? os tempos son cambiados?.

¿Pacto de goberno ao PP? Si. Con luz e taquígrafo, cando queira:

-Pagar as axudas para libros as familias necesitadas.

-Mellorar e ampliar o servizo de Axuda no Fogar para Foz.

-Un plan de organización, mantemento e limpeza para Foz.

-Cando queira, axudar aos que máis o necesitan.

-Elaboración dun proxecto de promoción e atención turística para Foz.

-Que a residencia se remate nun ano e non en catro como quere vostede.

-Un plan de emprego serio, real e transparente para Foz.

-Políticas para a xuventude.

-Solucións á parálise administrativa que padece o Concello.

-Alumeado público, carreteras e camiños nas parroquias.

-Plan Xeral que non atente contra os veciños, nin contra o futuro de Foz.

-Solucións inmediatas para a EDAR...

E tamén terá o meu apoio para que cumpra o seu compromiso de construír o súper porto e o auditorio (prometido polo Sr. Balseiro nun acto público no instituto de Foz).

Cando queira falar de Foz e do seu progreso, reunímomos en Foz ou en San Martiño o día e a hora á que queira con luz e taquígrafo, e digo o de San Martiño, porque todos sabemos que as decisións de goberno se toman nesta parroquia, por residir na mesma o que lle move os fíos neste teatro.

Sr. Castiñeira adíquese a gobernar estes poucos meses que faltan e traballen algo, que pasou cáseque catro anos de vacacións no Concello a gastos pagados.

Asinado: Jaime Cancio Rodríguez, concelleiro da corporación de Foz.