«Potencia e tonelaxe é seguridade no mar»

La Voz

A MARIÑA

-Pesca e marisqueo levan anos diminuíndo, con desguaces de barcos, perda de empregos... ¿tocaría fondo na Mariña iso que chaman reestruturación?

-Espero que tocásemos fondo, pero hai máis desguaces previstos... Iso que chaman reestruturación está mal dende o principio, porque barco que se perde -a realidade demóstrao- é insustituíble, co que non són desaparecen empresas, senón empregos, directos e inducidos.

-Pasan os anos e as queixas, no fondo, repítense...

-Antes de chegar adonde se decide, en Bruselas, hai que convencer a moita xente, para que defenda á pesca e aos mariñeiros. O sistema está así. Ser pescador é moi difícil, ¡non imaxina a xente a cantidade de cursos que hai que facer para ser mariñeiro raso! ¿E os armadores? Admiro a eses que siguen creendo na pesca e no seu futuro, aínda que o pasan mal porque a falta de cotas obrígaos a ter o barco amarrado, a parar meses.

-¿Por qué se presentará para presidir a federación galega?

-Despois de catro anos de vicepresidente segundo, creo que hai outra maneira de facer as cousas. Dialogar, dialogar e dialogar, sempre e canto tempo faga falta, antes de tomar outras medidas. As confrarías, a pesca e o marisqueo, estamos obrigados a unirnos por obxectivos comúns.