«É un orgullo, outra cousa é que un considere que o mereza»

Inmaculada Eiroá González
INMA EIROÁ O VALADOURO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Asociacións de toda a comarca e de A Coruña organizan este acto que remata cun concerto na praza de Ferreira

05 jul 2014 . Actualizado a las 15:33 h.

O cantautor Miro Casabella recibe hoxe unha homenaxe na súa vila natal de Ferreira do Valadouro. Os actos comezan ás 13 co descobremento dunha placa na casa onde naceu, seguen con un xantar popular ao que se anotaron unhas 150 persoas e remata cun concerto na praza de Santa María no que actúa xente destacada da música.

-¿Que lle parece este recoñecemento na súa terra?

É un orgullo ser homenaxeado polos teus veciños e polos amigos, é unha cousa moi grande, outra cousa é que se mereza, que un considere que o mereza. -Non se me irá poñer vostede de parte do concelleiro do PP (nun pleno o portavoz do PP local non apoiou o seu nomeamento como fillo predilecto)

-Non me poño para nada. Ese señor para min tomou unha decisión que eu penso que non leva a ningún lado....incluso xente do PP dicía que iso non se fai. Non era un acto político, senón considerar o traballo feito por unha persoa durante moitos anos a prol dun país, dunha cultura, dun idioma. Non ten explicación dende un punto de vista razoable e político. Si se pensa que é unha querela coa persoa que o propón no pleno, xa empeza a ter sentido. Eu coñecín a gravación do pleno e se sae do normal, o que sería dicir que non a un fillo predilecto de unha vila o leva a tintes persoais, e eu a ese señor non o coñezo de nada, non teño o pracer de ter convivido con el, incluso di cousas que non son certas. Non tivemos nunca trato eu nunca tiven ningún problema con el. Para min esta é unha cousa esquecida xa. (...)

-Me consta que no Valadouro é vostede unha persoa apreciada e eran moi queridos seus pais

-Si, eramos unha familia grande, éramos coñecidos, meu pai era unha persoa afable que si podía axudar axudaba. Era comerciante, tiña trato con todo o mundo. Meus avós tamén era xente tranquila. Non tiñamos inimigos e o trato coa xente era do máis cordial do mundo e penso que eramos apreciados, e ademais eramos unha familia moi grande, somos moitos irmáns (...).

-Dígame alguén do Valadouro que fora referente na súa vida

-...Pepe Mel, era o médico que me ensinou a tocar a guitarra. Era veciño, un querido personaxe era un home entrañable e cariñoso, republicano...