«A maioría dos veciños de Covas bríndanse a axudar»Habrá fiestas patronales

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Formáronse a última hora e só queda pouco máis dun mes para a gran cita

14 may 2013 . Actualizado a las 07:01 h.

ANatalia Yáñez está á fronte do equipo veciñal que se comprometeu, en vistas de que non se formaba comisión ningunha, de organizar as vindeiras festas de San Xoán de Covas, en Viveiro.

-¿Como reacciona a xente?

-Hai de todo. Hai xente moi contenta pero outros non tanto. Se brinda a axudar a maioría.

-Agora coa crise, ¿as festas quedan como en segundo plano?

-Non creas, moitas veces os que non poden tanto son realmente os que máis axudan. É unha opinión personal.

-¿Como levan a petitoria?

-Xa empezamos. A xente de Covas, de sempre, axuda. Fomos o outro día a Escourido a tres horas e andando, onte tamén. Ir a casas leva moito tempo, a veces hai que volver a algunha, outros que non están... Hai xente que se porta en, que é agradecida. Cada un da o que pode.

-Traballan contrareloxio.

-Queda moi pouco tempo...

-¿Como se animaron?

-Foi como sen pensar e porque Adrián Casas dixo que nos apoiaba. Eu estiven na comisión un ano, pero fai moito tempo, fai uns 20 anos, e non me lembro.

As festas serán do 23 ao 25: «O 22 baraxámolo pero é un día que ainda está en dúbida. A sardiñada será o 25, aí seguimos coa tradición», sinala Natalia Yáñez.

unque soy un discapacitado y llevo años sin poder asistir a ellas, quiero felicitar públicamente a este grupo de jóvenes que formaron la comisión de fiestas del Patrón para que no se perdiera esta arraigada tradición. La comisión la encabeza Natalia Yáñez junto con Patri, Laura, Paula, Chus, Lara, Simón, Julio y con la colaboración de Tamy, Mondelo y Adrián. Estos dos últimos ya formaron parte de la comisión del año anterior y como muy bien dice Natalia, estamos en crisis pero deseo que todos aportemos lo máximo posible, dentro de las posibilidades de cada uno, y que los hosteleros sean más generosos ya que a fin de cuentas son los que más beneficios económicos sacan durante esos días. También le agradecemos al alcalde Melchor Roel el ofrecimiento de la banda de música para la procesión y su contribución económica para la sardiñada. Fdo. B. Díaz Echezárraga.