«Presenteime porque era a ilusión da miña vida»

Yolanda García Ramos
yolanda garcía FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Será a estrela desta noite na cea baile de coroación, que terá lugar a partir das 22.00 horas no restaurante Leytón

28 ene 2012 . Actualizado a las 06:00 h.

Esta noite en Foz (22.00, Leytón) Alba Burundarena Otero (Foz, 1993), estudante de primeiro de Psicoloxía en Santiago, vai ser coroada Raíña do Antroido focense coas súas damas de honra.

-¿Por que se presentou? ¿Que dixo cando a chamaron?

-Presenteime porque era a ilusión da miña vida. Dende que eres pequena ves á raíña, como vai vestida... O antroido vívoo moitísimo. Cando me chamaron, pensei que era unha broma, non sabía que houbera reunión. Castiñeira me dixo: ?Son o alcalde de Foz..., non é unha broma. Sae do bar que non te escoito?.

-¿Como vai ser o vestido?

-Só está feito o diseño, que eu saiba. A idea gústame.

-E coas damas de honra...

-Moi ben. Presentámonos as tres á convocatoria. Fixemos o pacto de escoller de damas ás outras dúas se unha das tres saía como raíña. Somos amigas.

-Se non fose elixida, ¿tiña un «plan B» para ir no antroido?

-Se non saía, íamos ir coas As Sin Xeito. Seguiremos indo con elas, ainda que en Foz teñamos que desempeñar outro papel.

-¿Terá que falar esta noite?

-O alcalde me dixo que si, pero non sei se darei falado... ¡acabáronse as 200 invitacións!

alba burundarena otero raíña do antroido de foz