s representantes das nais e pais no Consello Escolar e a directiva da Anpa do CEIP de Covas quere informar das novas sobre as peticións á Administración Educativa. Recibimos copia da proposición non de lei e das preguntas presentadas polo grupo parlamentar do BNG. Por parte do Concello de Viveiro, remítesenos unha notificación onde di que a xunta de goberno local «por unanimidade, acorda adherirse ás peticións do Ceip de Covas, e remitir á Consellería de Educación fotocopia do escrito coas listaxes de sinaturas reclamando profesorado». Do Valedor do Pobo recibimos escrito: «Unha vez estudada a súa queixa, témola admitida (...). Iniciamos as actuacións oportunas ante a Consellería de Educación, contra quen se dirixe a queixa. Cando recibamos o informe contactaremos con vostedes».
O xoves varios representantes dos pais no Consello Escolar e directivas da Anpa reunímonos coa inspectora de Educación. Aínda que consideramos positiva esta xuntanza, xa nos adiantou que a nosa petición de crear unha praza de especialista en audición e linguaxe non sería factible por non contar o centro con máis de 12 unidades, aínda que se comprometeu a que o vindeiro curso esta especialista estaría a xornada completa. Sobre as demais peticións dixo que tería que consultalo co xefe territorial pero que faría o posible por satisfacer as nosas demandas. Nós agardamos ter solución á volta das vacacións de Nadal. Se non seguiremos coas nosas reivindicacións.
O