Eladio Maseda

Manolo Maseda

A MARIÑA

pasado domingo fíxose un merecido exercicio colectivo de memoria histórica en Moucide. Ao igual que a aldea gala de Astérix e Obelix, existe un pequeno reduto acordeonístico no Valadouro que debido a algunha estraña razón, ten a calidade de acunar músicos ilustres. Foi no lugar da Barreira onde naceu o druída que repartiu xenerosamente a súa poción máxica, da que beberon a maioría dos músicos da Mariña. Tamén coñecido como o fenómeno do acordeón, o rei dos bailes, o mestre dos mestres: Eladio Maseda Orol.

Co gallo do centenario do seu nacemento, numerosos veciños/as acudiron aos actos organizados para a súa homenaxe. A súa historia remóntase aos anos 20, cando aínda de pícaro tiña que alindar o gando, ao cal xa tiña camelado cun pito pastoril de construción propia. A súa insistente paixón pola música fixo que comezara a sacarlle son a un vello acordeón prestado. A mili e a posterior guerra, tamén serviron para curtir a este artista polivalente nos segredos da música, ata chegar a formar a súa grande ?Orquesta Maseda?.

Afortunadamente a súa calidade musical transvasouse á pedagóxica, formando así un propio sistema de ensino rural adaptado á época. Esta forma nómade de vida que adoptou obrigouno a ir vivindo en varias casas, de aldea en aldea, para ir formando futuros músicos. Calculamos que puidera ter arredor de 75 alunos nestes privilexiados santuarios do ensino.

Un fenómeno así nunca marcha. Quero recordalo: entre risas, tocando, cantando, bailando. Serra-lhe aí meu rei !!!

O