Ovindeiro domingo clausúrase na igrexa de Santo Estevo de O Vicedo a exposición fotográfica de título, «Palabras para o recordo».
A mostra, organizada pola comisión parroquial de Santo Estevo, é o resultado dunha investigación que puiden realizar polos diferentes cemiterios do Concello de O Vicedo dende o pasado mes de novembro seguindo a metodoloxía do «Modelo Burela de Planificación Lingüística».
Logrouse reunir información sobre dez familias de todos os sectores sociais (mariñeiros, agricultores, empresarios, funcionariado, etc) que aparecen nas 16 fotografías da exposición. Este patrimonio documental está recollido en tres das parroquias do termo municipal: Cabanas, San Román e a do propio núcleo do Vicedo.
Para clausurar a mostra este domingo celebrarase unha misa que comenzará ás 12 do mediodía, en recordo dos 16 protagonistas da exposición así como dos seus familiares defuntos.
Fdo. Aida López, autora deste estudo lingüístico que serve á vez para recuperar a memoria e a lingua, seguindo como ela mesma di, o Modelo Burela que tanto éxito está a ter e que está a servir de exemplo noutras partes de Galicia e que La Voz de Galicia recolleu en diversas reportaxes. A mostra fotográfica do Vicedo estivo exposta na igrexa de Santo Estevo, onde está a ser visitada por numerosos veciños da localidade e que contou co apoio do párroco da localidade, que tamén participou na inauguración da mesma.