Grazas, Isaac

Empregadas Sargadelos G

A MARIÑA

razas, Isaac. Por revivir Sargadelos e darlle grandeza. Por todas as personalidades que pasaron pola Fábrica de Cerámica, xentes importantes: pintores, escultores, escritores e tantos outros...

Ata un Premio Nobel pasou por Sargadelos. Enorgulleceunos traballar nunha empresa tan importante e tan grande para nós, que espallou o orgullo da identidade e da cultura galegas polo mundo adiante.

Nós, en Céramica de Sargadelos, tivemos un grupo de teatro, un grupo de baile, un equipo de fútbol sala, unha Táboa dos Irmandiños (o noso comedor) e, como non, fixéchesnos unha pía para todos os traballadores, a primeira da Mariña, a nosa Pía do Xunco.

Lembrámolo, naturalmente, en especial hoxe.

Cervo facíase grande sobre todo no verán coa Escola Internacional de Cerámica. Todos os días do mes de agosto, dende o día 1 ata o 31, eran días de festa. Os cursillistas eran xentes de todo o mundo e a través de Sargadelos coñecían Galicia, e incluso España.

Grazas en definitiva, Isaac, por facernos sentir, de verdade, tan importantes e por darnos tanto».

Firmado. Grupo de Traballadoras de Cerámicas de Sargadelos con motivo do nomeamento hoxe de Isaac Díaz Pardo como Fillo Adoptivo de Cervo, acto que terá lugar ás 18 horas no salón de actos do Concello de Cervo. O escrito das traballadoras de Sargadelos súmase a outros de asociacións e colectivos de Cervo.