nha vez que xa é de público coñecemento o nomeamento de Isaac Díaz Pardo como fillo adoptivo de Cervo, en nome da entidade que represento (AA.VV. de Cervo e Sargadelos) e dos seus asociados e simpatizantes, por medio deste escrito queremos sumar e manifestar o noso apoio a esta proposta. Durante moitos anos Isaac Díaz Pardo veu contribuir e engrandecer co seu traballo a vida cultural de Galiza e deste Concello de Cervo.
De sobra é coñecida a súa labor cultural como artista, ceramista, pintor, escritor, entre outras, sendo unha peza fundamental e clave na recuperación da memoria artística e cultural galegas, así como a súa proxección e promoción no exterior.
Son moitas as veces e as facetas que Isaac Díaz Pardo ó longo dos anos colabora co seu esforzo coma veciño para mante-lo patrimonio e servicios, ó mesmo tempo amplialos e melloralos. Sempre implicado e nunca ó marxe dos problemas veciñais.
En definitiva, cremos que a persoa, e á vez veciño, Isaac Díaz Pardo, co seu esforzo e entrega para co noso concello e a cultura do noso país, é xa hora de que sexa nomeado con esta distinción, posto que é máis que merecedor deste nomeamento.
Fdo. Manuel Facal Dopazo, presidente da AA. VV. de Cervo e Sargadelos. (Mañá, venres, 25 de febreiro, o Concello de Cervo nomeará Fillo Predilecto a Isaac Díaz Pardo, refundador e impulsor de Cerámicas de Sargadelos e do Castro, en Sada. Galeguista e artista recoñecido).