«Por en marcha o clube de remo é unha prioridade»

Yolanda García Ramos
y. garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

19 ene 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O pasado domingo, a asociación Penalba nombrou nova directiva e integrou a Chilindrín. Bernardo Fraga (Celeiro-Viveiro, 1983) é o presidente, seguido de Breixo Buján (vicepresidente), Borja González (tesoureiro), Jesús Fernández (secretario), David Cotelo (vicesecretario) e vogais Montserrat Ramil, David Gómez, Jesús Gómez, Darío San Isidro e Pastor Fernández.

?Asemella unha «fusión» entre Penalba e Chilindrín.

?Máis que nada é integración de Chilindrín en Penalba. Collemos a directiva de Penalba con xente que estaba e dos que organizaron as festas, para empezar a actuar noutros ámbitos.

?¿Cal é o voso proxecto?

?A idea é traballar para volver a poñer en funcionamento o clube de remo, como prioridade, intentar recuperar o grupo de danzas Nova Semente, continuar co de gaitas, a celebración da Festa da Merluza de Celeiro. Continuaremos coas de Chilindrín como os bailes na Casa do Forno, festas de Celeiro (xa contratadas) e Festival Arreaocabo. Animámonos a todo isto porque somos un grupo de colaboradores bastante numeroso, unhas 15 ou 20 persoas sempre nos axudan ao que faga falla. Se non o facemos nosoutros, en Celeiro non hai nada que facer. Intentaremos abrir o ximnasio do clube de remo aos socios e facer as actividades tamén para os maiores e os nenos.

?O importante é ser un equipo

?O funcionamento é horizontal e todo o mundo participa en igualdade de condicións.