Os traballadores de Sargadelos desexan facer pública a súa denuncia de que mentres os directivos das empresas, todos eles cobrando importantes cantidades de diñeiro das mesmas, soamente eran capaces de centrar todos os seus esforzos en botar fóra un número importante de compañeiros facendo deixación das súas obrigas de conseguir traballo para que estes despidos non foran necesarios; ao longo destes últimos anos dende que apartaron a Isaac do temón das empresas non foron capaces de levar a cabo unha mínima xestión para incrementar a nosa carteira de clientes, non sendo a referida ao Corte Inglés, xestión que o único que fixo foi indispoñernos cos nosos principais clientes, como son as galerías asociadas, que foron dende sempre o noso maior soporte.
Como proba do que denunciamos, preguntámonos onde estaban todos eses membros do Consello de Administración, eses xerentes (xa van dous no último período), eses directores comerciais (outros dous tamén) cando se negociaron os pedidos dos 500 copóns para a visita do Papa.
Noraboa aos compañeiros de Buño, e que a xente saiba que o problema de Sargadelos non é que sobren traballadores, o problema é que faltan empresarios e xestores, porque aquí o único que temos son incompetentes e destrutores de emprego. Uns afectados.
Doce firmas de trabajadores de Sargadelos.