14 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
Barreiros celebra o Día das Letras Galegas con teatro e música. A compañía Lambríaca Teatro representará a obra Benito Bienvenido (O casting) , o domingo, día 16 de maio, no centro social de San Cosme. Trátase dun espectáculo que vai dirixido a todo tipo de públicos, con entrada gratuita, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Barreiros.
E o luns haberá música
O luns, 17 de maio, Día das Letras Galegas, actuarán no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a Coral Polifónica de Barreiros e o Cuarteto de Música Clásica Onur, dirixidos por Bruno Pedre Otero. Todos os veciños poderán disfrutar deste concerto, dentro do programa de conmemoración das Letras Galegas en Barreiros.