Hoxe é un bo día

La Voz

A MARIÑA

A etapa actual non é a mellor que moitos vivimos. Todos temos algún amigo no paro, outro na lista de espera para ser atendido no hospital e varios agardando praza nas garderías para os seus nenos. Di un refrán ben galego que «Nunca choveu que non escampara» e, facendo uso del, creo que hoxe é un bo día para ir ás San Lucas.