«Somos un referente e estamos en contacto coa xente da rúa»

A MARIÑA

A entidade, con doce anos de vida, incorporou novos nomes á directiva e creou ademáis un departamendo adicado ao mar

16 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Carlos Nuevo seguirá o fronte da directiva do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, que na última asamblea xeral renovou parte da súa equipa, fixo un balance positivo da integración do Seminario coa sociedade, un traballo que se fixo pouco a pouco ao longo dos seus doce anos de vida.

-¿Qué momento está vivindo o Seminario?

-Estamos nunha etapa intermedia, de motio traballo. Na asamblea considerouse que o Seminario está moi introducido en Viveiro, sin elitismo de ningún tipo, en contacto con todo tipo de xente, coa xente da rúa, e coas asociacións, e a ese nivel cumprimos unha función social. Analizouse tamén a importancia da difusión cultural que se fixo de Viveiro, en tódos os ámbitos, desde o literario, o artístico, o histórico... a verdade é que que somos un referente e acuden cada vez máis a nós cando cando hai que documentar algo.

-¿Hai novedades para esta nova etapa?

-Creouse un departamento de mar, e falouse da creación dun museo comarcal e de que Viveiro conte cun aula ou un museo do mar, tendo presente que queda libre a fachada marítima, polo que se farán xestións para tratar de conseguilo. Faranse novas publicacións, unha delas sobre O Naseiro, e tamén se falou da posibilidade de realizar un ciclo de cine en xullo do que falaremos co delegación de Cultura do Concello. Imos seguir a labor de catalogación nas parroquias e tamén participar coa UNED nunhas xornadas sobre o mundo do mar con poñente do Seminario. Tamén se adoptou unha resolución de apoio aos vecinos de Lodeiro e do Celeiriño.

-¿Contan con moito presuposto?

-Non moi grande. Contamos coas aportacións dos socios de 15 euros ao ano, aunque hai algúns que pagan máis e os estudiantes e os parados non pagan nada. Somos algo máis de douscentos socios e de feito queremos facer unha campaña de captación de socios despois do verán. Temos unha subvención da Deputación para unha exposición, e sobre todo a do Concello. O handicap que seguimos tendo é o local, que sigue sendo alquilado, á espera de que nos dían o prometido desde o Concello. É unha sorte, e todo un privilexio conseguir ter unha directiva cun grupo compacto de xente, porque o vivir día a día dunha asociación como a nosa non é nada fácil.

A directiva que encabeza Carlos Nuevo se completa desta maneira: José M. Moreno Moreno, vicepresidente; Jesús Rodríguez Oural, secretario; María José Basanta, vicesecretaria; Jesús Rodríguez Pena, tesoureiro; Aquilino López López, vicetesoureiro. Como vocais figuran Elena Goas Ladra; Vicente Míguez Salgueiro; José Manuel paleo Fernández; Xoán Neira López; Xan Carlos López Hermida; José Manuel Martínez; Francisco Ferreiro López e Emilio Xosé Insua López. Ademais do novo departamento dedicado ao mar, que levará Vicente Míguez, seguirán funcionando os de arte e fotografía, literatura, sendeirismo, biblioteca e informática.