O colectivo prevé dar charlas sobre crise e interrupción voluntaria do embarazo e repetir o obradoiro Tuppersex
12 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebrou o pasado sábado o seu primeiro aniversario no que se fixo repaso das actividades do 2008 e se avanzaron as do 2009. Presídeo Luisa González (Ourense, 1975).
-Un año xa...
-É certo que en calquera acción conseguimos enganchar a unha persoa máis. Iso conleva a que do ano pasado a este sexamos máis, un grupo compacto de persoas que traballan na medida das súas posibilidades. Todas teñen un papel de aportar ideas, vir aos actos cando están dispoñibles... Foi un ano produtivo e cheo de ilusión e que nos deu esperanzas para seguir este ano. A idea de emprender o proxecto foi acertada. Na mariña non estaba cuberto este espazo.
-A memoria anual recolle o teatro de rúa contra a violencia de xénero, unha xornada sobre a situación das traballadoras no fogar, o programa «Tempos de mulleres», a exposición «Olladas de muller», o obradoiro Tuppersex e a campaña «Dálle a volta!». ¿Cal destacaría destas actividades?
-A participación nosa en Olladas de Muller, que foi un proxecto totalmente innovador, onde contaba moito a participación das propias mulleres. Se fixo dende elas e para elas.
-O de Tuppersex, sobre sexo, chamou a atención.
-Creo que foi unha revolución. As nosas estimacións de participantes se cuadriplicaron. Foi interesante.
-Aparte de volver coa campaña «Dálle a volta!», ¿que máis teñen previsto facer?
-Temos previsto facer tamén un ciclo de charlas, dúas cada semestre, sobre temas de interese para mulleres, debates sociais que están aí en marcha. Para o primeiro falaremos sobre a situación económica e como vai afectar a crise ás mulleres, nun formato non en plan conferencia senón que os que veñen interactúen co público. A segunda será sobre o tema da interrupción voluntaria do embarazo.
-O aborto, complexo.
-É un tema complexo e queremos que o debate estea na Mariña porque é suficientemente importante para a muller. Queremos que interveñan dende unha matrona, alguén que fale da reprodución e unha avogada que fale das lexislacións noutros países e a proposta aquí e daremos a nosa opinión. Tamén nos gustaría organizar unha mesa redonda onde as distintas organizacións políticas nos digan que pensan, pero isto dependerá de que se queiran mollar porque é un tema controvertido.
-Volvo de novo co Tuppersex, ¿repetirán este obradoiro que fora tan novidoso e se celebrara en Burela?
-O obradoiro Tappersex queremos levalo este ano aos concellos de Ribadeo e Foz e facelo ao mellor en Riotorto porque é un concello máis interior. Pero temos máis ideas a desenrolar.