Mario Coto é outro dos candidatos á presidencia do Club Náutico de Ribadeo. «Hao catro anos, nós presentámonos ás eleccións do clube náutico e leváramos un programa xa ambicioso. Estou convencido de que agora se fan algunhas cousas das que nós levabamos naquel programa e parécenos estupendamente. Agora, nós levamos un programa efectivamente ambicioso, pero antes de presentar este programa e o restaurante tan famoso e criticado polas outras candidaturas e por algunha persoa que din que non se poderá levar a cabo porque vai ser moi custoso, antes de presentalo no noso programa, fixemos os contactos onde cremos que os temos que facer, déronnos o consentimento e o ofrecemento económico para poder levar a cabo esa obra. Nós sabemos que, como calquera industria, ten que producir uns beneficios cos que debe amortizarse. Non vai haber ningún quebranto de costos para os propios socios e vai dar un servizo que é fundamental no porto. Está moi ben recollido noso proxecto e creo que non vai causar impacto ambiental e visual; non imos ter trabas. -¿Que outras actuacións pensa desenvolver se gañan as eleccións?
-Nós, antes de ofrecer nun programa algo, teña a completa seguridade de que o consultamos, miramos as condicións para desarrollalo. Nos catro anos que se nos presentan por diante imos sacar adiante todos aqueles proxectos cantos ofrecemos nós no programa.