Fernández del Riego cumpre 96 anos

A MARIÑA

09 ene 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Fernández del Riego é xa toda unha institución en Galicia. Natural de Lourenzá, onde foi nomeado fillo predilecto, o histórico galeguista está de cumpreanos, chega aos 96 pleno de facultades. Colabora aínda cos seus eruditos artigos en La Voz, cada sábado no suplemento Culturas, e a diario mantense activo na Fundación Penzol. ¿Que dicir de Fernández del Riego? Desexarlle que cumpra moitos máis. En La Voz de Galicia en Viveiro entregámoslle hai algúns anos un dos premios do ano, humilde, que el engrandeceu coa súa personalidade e erudición.