«Se se aproba será o terceiro plan de normalización»

La Voz

A MARIÑA

25 nov 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Sobre a segunda fase, Penabade, que coordinou o proxecto do IES no que traballan máis de 30 profesores, explica: «Temos feito un plan de actuación que conleva moita sensibilización social, non só con alumnos e familias senón cos interlocutores sociais. Tivemos a sorte de dar cunha corporación municipal que tamén é única no pais porque por unanimidade os tres grupos políticos nos mandaron unha felicitación e nos pediron o proxecto para facer un plan de normalización lingüística a nivel municipal. Se se aproba (contamos que si, o 20 de decembro) será o terceiro que teña un concello en Galicia, despois de Santiago e Ferrol. A resposta da corporación municipal foi excelente. Temos o compromiso de que vai ser unánime e á hora de refacer o proxecto dun instituto nun plan municipal vámolo consensuar con todos os grupos. Preferimos que sexa máis curto a que non sexa unánime".

-O proxecto foi entregado precisamente hai uns días no Concello.

-Quen nos pediu o proxecto foi o Concello pero nós pedimos que na entrega estivera presente o cronista oficial e foi a el a quen llo entregamos, como símbolo da poboación de Burela.