E.M. Dende o IES Perdouro explican que «a tarefa formativa que ofrecemos aos alumnos prolóngase dunha extensa oferta de actividades extraescolares e complementarias que pretenden apoiar a formación integral recibida na clase, fomentar afecciones útiles, así como as relacións e os valores humanos». Sinalan que a ampla oferta neste senso ten como obxectivo «completar a formación dos alumnos e alumnas en aspectos que o currículo non aborda suficientemente, e este obxectivo abórdase a través de situacións educativas que a menudo desbordan o marco da clase». E engaden que desenvolver a iniciativa, a creatividade, a convivencia en grupo, asomarse á complexa problemática do mundo actual se fomentan a través de visitas guiadas, excursións e concursos. «As programacións específicas dos departamentos didácticos inclúen esta formación desde a perspectiva da área correspondente, e as que afectan ó conxunto do centro son organizadas polo departamento de actividades complementarias». Entre os distintos tipos de actividades do IES Perdouro atópanse as «utilizadas como estratexia e recurso didáctico para mellorar o proceso de aprendizaxe»; as de formación xeral, como os obradoiros de Educación para a Paz en colaboración con colectivos como Cruz Roja Burela; educación medioambiental, con proxectos como Operación carballo con Caixa Galicia, En defensa do monte galego , ou Entre Mareas e Augamar; actividades de educación en igualdade, del consumidor, para a saúde e a educación sexual, co Centro de Drogodependencias de Burela, entre outros; de educación vial, e as viaxes de estudos.