1. O primeiro é esperar o informe da Xunta do Pxom. Iso é fundamental. Falamos coa xente para coñecer as súas inquedanzas e unha é a creación dun centro de día. É unha necesidade. Tamén é fundamental que as empresas se asenten para que veña xente. Para elo é necesario o cinturón de Alcoa xa que no polígono de Cuíña non hai sitio. Temos que seguir co programa social. O concello foi o primeiro en introducir a gratuidade nos libros de texto en Galicia. Coa gardería municipal temos que profundizar, buscando outra ubicación ou ampliando para dar cabida a máis nenos. Tamén esperamos que en setembro funcionen as escolas deportiva e de música municipais. Hai que conseguir vivendas de protección. Puxemos solo a disposición da Consellería, pero tamén podemos buscar outras formas de conseguilas. 2. Sobre todo na zona rural, onde hai unha emigración interior cara as as zonas urbanas. Unha solución pasa polo Pxom, co cal podemos facer que as zonas de construción pódanse aumentar en terreos familiares nos núcleos rurais. Apostamos porque medren. Hai un problema coa limpeza dos camiños, pero xa estamos a actuar desde fai meses. Tamén reivindicamos o saneamento integral nas zonas rurais, xa que nas urbanas está conseguido. 3. Aparte de atender a demanda da cidadanía o que temos que conseguir é promocionar Cervo co patrimonio que temos e grazas a nosa situación en medio da Mariña. Conseguir ser un referente patrimonial e cultural, por exemplo, co ecomuseo co que se quere dar a coñecer o potencial do concello. Un Cervo cultural como nexo que nos poida entusiasmar a todos. Teño ganas e ilusión de facer, máis coma un xestor ca un político. Quero ser un alcalde para todos sen importarme a militancia política de cada un.