«Preséntome para gobernar para todos»

La Voz

A MARIÑA

NÚMERO TRES DO PSOE NO VALADOURO

18 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Nacín na parroquia de Santa Cruz fai 57 anos, coñéceseme por Chelo Pardeiro, estudiei bacharelato no colexio das monxas de Alaxe e secretariado en Lugo. Despois opositei á Telefónica, onde entrei a traballar como administrativo en Barcelona, onde fixen ventas e marketing, cos que me especialicei como asesora comercial para traballar despois en Oviedo e Coruña ata o 2003, que me prexubilei. Agora teño tempo libre para disfrutar das miñas aficións como ler, andar e viaxar, afición esta que me permiteu coñecer ben España e comprobar como quedou estancado o meu Valadouro cara ó turismo e á implantación de empresas, tendo a beleza e situación xeográfica a favor. Estou solteira e, a pesar do meu carácter serio, gústame dialogar coa xente, influida quizás pola miña profesión. De sempre simpatizei co PSOE, e afilieime ao presentarme nesta candidatura. Preséntome coa única condición de gobernar para todos, sin facer distincións por ideas políticas, como agora. Considero estar en condicións de aportar traballo, honradez e capacidade de diálogo para acabar coa intolerancia e arrogancia do actual goberno. Traballarei xunto cos meus compañeiros por unha verdadeira atención ós cidadáns, por unha xestión transparente, pola mellora dos servizos sociais, pola execución do polígono industrial, creando emprego e vivendas sociais para os xóvenes evitando que se marchen e que o noso Valadouro deixe de envellecer o despoboarse, sobre todo no rural.