De libros e bibliotecas

FRANCISCO L. RODRÍGUEZ GUERREIRO

A MARIÑA

LA TRIBUNA | O |

18 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

DESDE a Tribuna Ana F. Cuba di: «Viveiro no tiene biblioteca». Vaia, Ana, estás a esaxerar un pouco. Viveiro hai moitos anos que ten biblioteca. Certo é que a ubicación actual non é a máis adecuada. Certo, tamén, que aínda non tivemos o apoio necesario para trasladala a San Francisco, pero diso ao que ti afirmas... Con esa colaboración tan tendenciosa dasme pé para que os realmente interesados pola cultura -non os que van de divos- podan ter unha idea dos cambios en materia de libro e bibliotecas deste mandato. Hai tres bibliotecas, a municipal e dúas axencias de lectura en Covas e Celeiro (...), atendidas por cinco empregados municipais, con Internet gratuito. E hai pequenas bibliotecas e equipos informáticos nalgúns dos nove centros socioculturais atendidos por Concello e asociacións. E hai as bibliotecas da UNED e dos centros educativos. Neste mandato unha das prioridades foron o libro e a lectura, coas semanas, os premios Irmandade do Libro, a recuperación da feira, presentacións (...). Sería de xustiza recoñecelo. Lembra que xa non estamos no XIX por máis que anacrónicos personaxes se empeñen en facérnolo crer.