| PARTIDO POPULAR
18 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.JOSÉ DEMETRIO SALGUEIRO RAPA 1. O primeiro é facer unha auditoría de todo o Concello. 2. Concluír a rede de saneamento no resto das parroquias e mellorar o abastecemento de auga. No desenvolvemento urbanístico hai que abrir novas rúas (en 20 anos só se abriu unha). Tamén hai que ampliar o polígono que está esgotado e a crear o cinturón industrial de Alcoa, e vivendas para os xoves. 3. Conseguir que Xove sexa referente en crecemento económico e industrial, mantendo a calidade de vida de todos os cidadáns.