| PARTIDO POPULAR
16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.EULOGIO FERNÁNDEZ SAMPAYO 1. O primeiro que temos que facer é formar a nova corporación e seguir traballando, como fixen ata o de agora. E, por suposto, dende o primeiro día cumprir co programa que temos establecido para este mandato. 2. O principal problema que afecta a todo o municipio, e que xa está prantexado polo anterior goberno da Xunta, é a necesidade que temos dun polígono industrial. 3. Os retos que pretendemos para estes catro anos do mandato son deixar un Valadouro próspero con bos servizos públicos. É dicir, con mellores saneamentos, suministros de auga e electrificacións no municipio.