«O máis desafiante é incrementar poboación»

La Voz

A MARIÑA

| BLOQUE NACIONALISTA

16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

MARÍA SUSANA RIVEIRA FERNÁNDEZ 1. O primeiro, recabar, parroquia por parroquia, a opinión da xente, implícalos nos proxectos que propoñan e marcar as prioridades en infraestruturas, benestar social e mocidade. É fundamental que os veciños e veciñas deixen de ver o Concello como un ente alleo a eles. 2. O despoboamento e a falta de saídas laborais. O Vicedo ten posibilidades de fixar poboación. Débense potenciar os recursos propios, fomentar a formación relacionada con estes recursos e apoiar ás persoas con iniciativas de autoemprego ou cooperativismo. 3. O máis desafiante é fixar e incrementar poboación. Hai que facer un Plan de Desenvolvemento adecuado ao Vicedo. Esto sen esquecer a obriga de ampliar os servizos básicos.